Resposta ao entorno do alcalde de Santa Comba

O entorno máis próximo ao alcalde de Santa Comba leva tempo protagonizando unha dinámica impropia dunha institución democrática. A través de perfís falsos e de determinados grupos e páxinas nas redes sociais, dedícanse de maneira sistemática a difamar, mentir e faltar ao respecto a todas aquelas persoas e colectivos que non comparten ou cuestionan a súa xestión municipal.

É un feito coñecido por calquera veciño con criterio propio —e que non dependa directa ou indirectamente deste goberno local— que dito entorno se mantén mediante ameazas, insultos, ataques ao honor persoal e vulneracións da privacidade, afectando a membros do SAF, Protección Civil, sindicatos, empregados do Concello, oposición política e medios de comunicación dixitais.

Desde hai meses, ese mesmo entorno vén publicando nas redes sociais ataques inadmisibles contra a familia Pose e contra o medio dixital Faro da Costa, difundindo acusacións falsas sen achegar unha soa proba que sustente o que afirman.

Fronte a esta maneira de actuar, queremos deixar algo moi claro:
todo o publicado por Faro da Costa baséase exclusivamente en documentación oficial e fontes públicas. As informacións sobre as compatibilidades, así como os contratos do alcalde como autónomo co Concello de Val do Dubra —que roldan os 18.000 euros anuais— proceden do Portal de Transparencia e de rexistros oficiais.


Do mesmo xeito, a información relativa a débeda do Concello a Axencia Tributaria di que Maria Pose, deixou unha débeda aproximada os  300.000€  durante o seu goberno , esta información apóiase en datos contrastados e verificables.

Eu todo o que publico e dando a Cara e non me escondo detras de perfiles falsos.

Quizais conviría lembrarlle ao alcalde que a lei é clara:
unha condena penal é causa de incompatibilidade para exercer como alcalde, mesmo aínda que non sexa firme.

¿Pode o entorno e o Sr alcalde sacar os seus antecedentes penais?

ANTECEDENTES PENAÍS

+ Difamacións diferentes perfís falsos

Informar que esta noticia sera enviada a dirección provincial do PSDEG na Coruña e a Valentín González Formoso Presidente da Deputación da Coruña.