Reunión de traballo con Augas de Galicia

O alcalde de Laxe, Paco Charlín e o tenente de alcalde Eulogio Constantino mantiveron unha importante reunión co director de Augas de Galicia para seguir avanzando nas actuacións estratéxicas que mellorarán o saneamento e o abastecemento no noso concello 💪

Durante o encontro abordouse o estado do proxecto da nova depuradora de Traba, unha infraestrutura clave para o futuro ambiental e turístico de Laxe 🌿. O anteproxecto xa foi revisado e modificado segundo os requirimentos técnicos de Augas de Galicia, e actualmente atópase en tramitación ambiental, á espera da autorización definitiva ✅

💦 Ademais, Laxe foi un dos tres concellos de toda Galicia seleccionados para participar no estudo das alternativas de saneamento, dentro do Plan Xeral de Augas de Galicia. Un recoñecemento que amosa a confianza da Xunta de Galicia no traballo e na seriedade da nosa xestión 👏

🚧 O Concello continúa conseguindo importantes subvencións de Augas de Galicia para mellorar as redes de saneamento e abastecemento, como as obras previstas nas rúas Real e As Rías, Peñáscales.

Con traballo, planificación e compromiso, seguimos transformando Laxe en un concello máis moderno, eficiente e respectuoso co medio ambiente