🚨 Alerta ambiental en Malpica de Bergantiños

Produciuse a rotura da contención dunha balsa da antiga mina do Monte Neme, situada entre os concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños, provocando un vertido de entullos e augas que, segundo informan veciños da zona, xa estaría chegando ás praias das Rías.

📍 Aviño (Malpica de Bergantiños)

Segundo os últimos datos facilitados polo 112 Galicia, non hai persoas nin vivendas afectadas. Con todo, a estrada entre Leiloio e Aviño permanece cortada debido á presenza de materiais procedentes do vertido.

🚒 Servizos mobilizados:
Concellos de Malpica de Bergantiños e Carballo, Policías Locais, Garda Civil, Xunta de Galicia, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Policía Autonómica, Bombeiros de Carballo, GES de Ponteceso e Protección Civil de Malpica de Bergantiños e Carballo.

O Subdelegado do Goberno Julio Ernesto Abalde Alonso encontrase na zona.

Seguimento activo da situación.


Onde está o equipo de goberno de Malpica de Bergantiños ?

Segundo o alcalde de Malpica, el e varios concelleiros están no terreo. Iso si, sen probas gráficas, algo cando menos curioso nun goberno ao que normalmente non se lle escapa unha foto, nin sequera para cambiar unha papeleira.

A Foto