Santa Comba non rende as súas contas ante o Consello de Contas e queda fóra do acceso a fondos e subvencións

Esto representa a nula actividade do concello en materia de presupostos, hai uns días o alcalde Alberto Romar presumia das subvencións para asociacións, o que non contaba era de que presuposto sairon esas subvencions.

O 30 de outubro de 2025 finalizou o prazo para que os concellos e demais entidades municipalistas de Galicia presentasen as súas contas ante o Consello de Contas, o órgano fiscalizador da xestión económico-financeira do sector público galego, dependente da Xunta e creado ao amparo do Estatuto de Autonomía de 1981.

O cumprimento desta obrigación supón —tal como lembra o Consello— un compromiso de transparencia ante a cidadanía e unha garantía na protección e bo uso dos recursos públicos.

Con todo, o Concello de Santa Comba volveu situarse á marxe dese compromiso: non entregou a súa documentación contable e ocultou a súa actividade financeira ao ente fiscalizador, que meses atrás xa abrira unha investigación aínda sen conclusións sobre os convenios e acordos asinados polo goberno local de Alberto Romar. A falta de rendición súmase así á presión que o Ministerio de Facenda mantén sobre o executivo municipal, cando apenas cruzou o ecuador do seu primeiro mandato.

No informe publicado tras o peche do prazo, Santa Comba non aparece entre as entidades cumpridoras. O municipio xalleiro foi un dos únicos dous da Costa da Morte —xunto con Mazaricos— que non renderon contas.

Na área de Santiago a situación foi similar: só Boqueixón, Teo e Santa Comba incumpriron. En total, dos 35 concellos que conforman ambas as comarcas, unicamente catro desatenderon a lei e as esixencias do Consello de Contas.

O incumprimento xa ten consecuencias. Santa Comba queda excluída do acceso a distintos fondos estatais e autonómicos destinados a proxectos e subvencións.

Entre eles destaca o Fondo de Cooperación Local da Xunta, cuxa concesión esixe que as entidades beneficiarias teñan a súa rendición de contas en regra.

Segundo o último informe de fiscalización do Consello de Contas, 261 entidades locais galegas cumpriron a súa obrigación: 236 concellos, as catro deputacións, seis entidades locais menores e 15 mancomunidades.

En cambio, 77 concellos non presentaron a súa documentación. O grao de cumprimento global alcanzou así o 73% en Galicia, cun 100% no caso das deputacións. Na provincia da Coruña a cifra foi do 78,49%, polo que Santa Comba sitúase dentro do 21,51% de municipios incumplidores.

Os concellos de menos de 5.000 habitantes volveron ser os máis cumpridores, cun 80%. O Consello de Contas publicará o próximo 15 de abril de 2026 o “Informe da conta xeral das Entidades Locais de Galicia”, no que Santa Comba non figurará.