Semana Santa de Laxe

Xoves 2 – Xoves Santo
Ás 19.00 horas comezará a Santa Misa da Institución da Eucaristía, co lavatorio de pés, sermón, comuñón xeral e procesión ao Monumento.
A continuación, terá lugar a procesión do Nazareno e da Virxe Dolorosa, seguida do canto dos versos á Santa.

Ás 23.00 horas dará comezo a adoración nocturna.

Venres 3 – Venres Santo
Ás 11.00 horas celebrarase a procesión do Encontro do Señor coa Virxe, tras a que terá lugar a predicación das Sete Palabras.

Ás 18.00 horas comezará a Paixón do Señor, coa lectura da Paixón, pregaria universal, adoración da Cruz e comuñón.
A continuación, celebraranse o sermón do Desencravo, a procesión dos Caladiños e os versos á Virxe Dolorosa.

Ás 23.00 horas sairá a procesión do Santo Enterro e o Rosario da Boa Morte.

Sábado 4 – Sábado Santo
Ás 20.00 horas comezará a solemne Vixilia Pascual, coa bendición do lume e dos cirios pascuais, seguida da procesión e cántico en honra ao cirio, lectura da historia da salvación, canto do Gloria, renovación das promesas do bautismo e Santa Misa Pascual.

Domingo 5 – Domingo de Resurrección
Ás 12.30 horas sairá a procesión do Santo Encontro con Xesús Resucitado e a Virxe Santísima e, a continuación, oficiarase a Santa Misa do Domingo de Pascua.

Ao longo destas xornadas, fieis e devotos poderán participar na conmemoración da Paixón, Morte e Resurrección do Señor na localidade de Laxe, que celebrará durante estes días unha das citas relixiosas máis destacadas do seu calendario litúrxico.