
Arantxa Treus e Jazmín Abuín forman o dúo cómico “Sobria y Serena” e chegan a Cee con “O chou”, un espectáculo que non deixará indiferente a ninguén!

Arantxa é cómica e actriz, a traballou en múltiples obras de teatro e en series de televisión como Gondar, Serramoura ou Fariña, e actualmente é a presentadora do “Club de la comedia” en Madrid.

Jazmín é cómica, presentadora e cantante, e traballou en musicais na Gran Vía como “La bella y la bestia”, “Peter Pan” ou “Quisiera ser tu flashdance”. Tamén traballou en series nacionais como “Acacias 38”, “Amar es para siempre”, “Machos Alfa” ou “La que se avecina”.

Sábado 7 de marzo,

ás 20:15 horas.

Auditorio Baldomero Cores.

Entradas a 3 e 5 € na taquilla unha hora antes.