Sofía Eirís Blanco adestrará co Barça

Queremos felicitar con moito agarimo a Sofía Eirís Blanco, veciña de Coristanco e prometedora futbolista, que foi seleccionada para adestrar durante unha semana co FC Barcelona, todo un soño para calquera deportista!

Con só 9 anos, Sofía está a vivir unha experiencia única grazas ao seu talento, forxado en clubes da nosa contorna como a SD Coristanco e a UD Cerqueda.

Desde o Concello de Coristanco desexámoslle moita sorte nesta aventura. A desfrutar e seguir soñando, Sofía!