
A Concellaría de Innovación do Concello de Carballo, Formación e Emprego pon en marcha o proxecto #GastroFórum para agrupar todo tipo de actividades relacionadas coa gastronomía, a alimentación e a restauración dirixidas aos diferentes sectores da poboación. Para a semana que vén temos previstas dúas. Toma nota!
Mércores 9 | Fórum Carballo | 10.00 a 13.00 h
Taller para maiores de 60 anos: elaboración de conservas de produtos da horta e do mar
Inscricións: https://carballo.gal/…/gastroforum-taller-de-cocina…/
Venres 11 | Fórum Carballo | 10.00 a 13.00 h
Taller para nenos/as de 9 a 14 anos: elaboración de pizza artesá e galletas
Inscricións: https://carballo.gal/…/ven-cocinar-con-nos-taller-de…/
Tanto nun caso coma noutro, os/as asistentes poderán compartir os pratos coas súas familias, xa que os levarán para a casa. O profesor será Chisco Ramos. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
