
A Brigada de Obras do Concello de Muros, coa colaboración do GES, está a realizar tarefas de limpeza no casco de Muros.
Este inverno tan chuvioso fixo que se acumule verdello na pedra, polo que para evitar o risco de caídas estase a facer a limpeza.
Estívose traballando na rúa Don Diego, Florida, Canavala, Xixón, Anxo, Rosal, A Saúde ou a Praza de Pescadería.
Mañá continuarán as tarefas nas rúas e prazas aledañas.



