Toma posesión a primeira muller da brigada municipal de obras de Carballo

Hoxe tomou posesión como funcionaria Divina Rocío Porteiro Pérez, a primeira muller que forma parte da brigada municipal de obras. Moi emocionada, Rocío estivo acompañada polo alcalde, Evencio Ferrero; os concelleiros de Obras e Servizos, Luis Lamas e Miguel Vales; as concelleiras de Persoal, Igualdade e Cultura, Belén Lendoiro, Maica Ures e Maruxa Suárez, e o xefe da brigada de obras, Manolo Mariño.

Este venres ás 13.30 reuniremos na Praza do Concello a todos os membros da brigada de obras para presentar en sociedade o renovado equipo de traballadores e traballadoras deste servizo municipal e a súa nova uniformidade tras a creación da marca SerCarballo, que acolle todos os servizos públicos municipais.