
Unha traballadora de 48 anos, identificada como A.S.G., permanece en estado grave na unidade de coidados intensivos do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).
O accidente laboral ocorreu ao redor de únaa da tarde do venres nun complexo hostaleiro de Carballo. Desde o establecemento alertouse aos servizos de emerxencia ao atoparse a unha empregada inconsciente no oco dun montacargas. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e da Policía Local, bombeiros do parque comarcal de Carballo, voluntarios de Protección Civil, unha ambulancia medicalizada e unha UVI móbil do 061. T
amén se mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que finalmente non foi necesario a súa intervención. Ao chegar, os sanitarios atenderon á muller, que estaba inconsciente, aplicándolle os primeiros auxilios. Tras estabilizala e monitorizala, inicialmente contemplouse o seu traslado ao Chuac nunha ambulancia medicalizada, pero debido á gravidade das lesións decidiuse realizar o traslado nunha UVI móbil. Unha vez no hospital, foi ingresada na UCI, onde continúa en estado grave. A Garda Civil de Carballo fíxose cargo das dilixencias relacionadas con este accidente laboral.