Tres feridos, un grave, nun choque frontal en Ponteceso

Tres persoas resultaron feridas, unha delas en estado grave, tras un accidente de tráfico rexistrado este sábado pola tarde na estrada autonómica AC-419, que une Ponteceso con Carballo a través de Buño.

O sinistro produciuse ao seu paso pola parroquia de Tella, nas proximidades do polígono industrial de Ponteceso, e consistiu nun choque frontal entre dous vehículos ocorrido arredor das 14:30 horas, segundo indicaron os servizos de emerxencias.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Tráfico da Guardia Civil, o GES de Ponteceso, Urxencias Sanitarias e membros de Protección Civil para atender ás persoas feridas e regular a circulación.