UCIN Galicia valora as melloras no transporte da Costa da Morte, pero insiste en que seguen sendo insuficientes e reclama máis accións por parte da Xunta

Desde UCIN Galicia – Unión de Ciudadanos Independientes, manifestan a súa
valoración positiva, aínda que con matices, respecto das recentes melloras anunciadas
na liña de autobús que conecta Fisterra, Cee e A Coruña, unha das máis utilizadas
polos veciños e veciñas da Costa da Morte.
Segundo informa a Xunta de Galicia, a partir do luns 6 de outubro, os traxectos con
maior demanda contarán con vehículos de maior capacidade, o que permitirá dispoñer
de máis prazas nos horarios máis concorridos. Esta medida responde, en parte, ás
reiteradas demandas de colectivos veciñais, plataformas sociais e tamén de UCIN
Galicia, que leva meses reclamando unha mellora real do servizo público de transporte
na comarca.
José Luis Calo (Coordinador de UCIN Galicia):
«É un paso adiante, pero non chega. A Xunta está a responder moi lentamente ás
necesidades da Costa da Morte. Estas pequenas melloras son benvidas, pero non
podemos conformarnos con solucións parciais ou temporais.»
A Costa da Morte segue sen un transporte digno
A pesar desta ampliación de prazas, o transporte público na Costa da Morte segue a
estar lonxe das necesidades reais da cidadanía. Desde UCIN Galicia consideramos que o
actual modelo:

  • Non garante frecuencias suficientes nos tramos horarios de maior demanda
    (traballo, estudos, sanidade).
  • Mantén zonas incomunicadas, especialmente nas parroquias máis afastadas dos
    núcleos principais
    UCIN Galicia leva tempo esixindo un plan integral de mobilidade para a Costa da
    Morte, que inclúa os seguintes puntos clave:
  1. Incremento da frecuencia horaria, especialmente en franxas laborais e de
    estudo.
  2. Creación de novas liñas ou ampliación das actuais para chegar a parroquias
    rurais e zonas sen servizo.
  3. Mellora da coordinación entre liñas, para permitir transbordos efectivos e
    evitar tempos de espera excesivos.
  4. Tarifas sociais e bonos para estudantes, persoas maiores e traballadores/as.
  5. Modernización da flota de autobuses, apostando por vehículos máis sostibles e
    accesibles.
  6. Consulta real coa veciñanza e os concellos, para deseñar un modelo de
    transporte adaptado ao territorio.
    Chamamento á Xunta de Galicia
    Desde UCIN Galicia instamos á Xunta de Galicia a deixar de aplicar medidas puntuais
    e a sentarse a traballar, dunha vez por todas, nun modelo de transporte público moderno,
    eficaz e pensado para as persoas, non para os titulares de prensa.
    A Costa da Morte leva décadas esquecida, e non aceptaremos máis inacción. As
    nosas propostas están sobre a mesa, son asumibles e contan co apoio de moitos veciños
    e veciñas que se ven obrigados a usar o coche por falta de alternativas.
    UCIN Galicia seguirá sendo unha voz firme, independente e comprometida co benestar
    da cidadanía, esixindo á Xunta que cumpra coas súas obrigas e actúe con
    responsabilidade