UCIN Santiago de Compostela presenta o seu proxecto de cidade nunalmorzo informativo coa prensa

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2026.– UCIN Santiago de Compostela
convoca aos medios de comunicación a un almorzo informativo que terá lugar o
vindeiro mércores 18 ás 10:00 horas no Saraiba Gastrobar (Rúa do Vilar, 64).


Baixo o título “A Compostela que queremos, a Compostela que podemos
construír”, o encontro servirá para presentar publicamente o proxecto político da
formación para a capital galega, así como as súas liñas estratéxicas e as primeiras
propostas concretas para transformar a cidade desde unha política útil, próxima e
centrada nas persoas.


Durante o almorzo informativo abordaranse, entre outras cuestións:

  • O modelo de cidade que UCIN defende para os vindeiros anos.
  • As prioridades reais da veciñanza fronte á política tradicional.
  • As primeiras medidas en ámbitos clave como os servizos públicos, a
    participación cidadá, o comercio local e o benestar social.
  • O papel que quere xogar a formación no futuro político compostelán.
    O encontro terá un formato aberto e directo, favorecendo o diálogo cos medios, a
    formulación de preguntas e o intercambio de impresións sobre os principais retos da
    cidade.