Ultimato dun veciño de Santa Comba ao Concello pola retirada dunha tubaxe

Un veciño de Santa Comba da un prazo de 15 días ao Concello para que retire unha tubaxe que, segundo denuncia, atravesa a súa propiedade privada.


O afectado, Pablo da Costa, asegura que existe unha sentenza firme que delimita o camiño público e a finca privada, resolución xudicial que —segundo indica— lle dá a razón.


Da Costa afirma que a súa intención é solucionar o conflito de maneira amistosa co Concello. Porén, advirte de que, se a situación non se resolve no prazo establecido, tomará as medidas que considere oportunas.