
O 112 Galicia recibiu un aviso ás 21.10 horas, cando varias testemuñas informaron dun accidente e de que se estaban realizando manobras de reanimación á vítima, que xa se atopaba en estado crítico.
De inmediato mobilizáronse os servizos de emerxencia: o 061, os Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil. Tamén acudiu persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) da localidade, aínda que non foi posible salvarlle a vida.
O suceso ocorreu nas inmediacións da casa do concello, o que provocou unha gran conmoción entre os veciños.