Un incendio nun almacén de Muxia saldase cun home evacuado o hospital Virxe da Xunqueira de Cee 

Un home foi evacuado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee na tarde deste domingo despois de inhalar fume nun incendio que destruíu por completo un almacén situado no lugar de Os Muíños, no concello de Muxía.

O 112 mobilizou efectivos de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e Bombeiros de Cee. As tarefas de extinción prolongáronse durante máis de dúas horas debido á gran cantidade de enseres acumulados no interior do almacén, o que dificultou o labor dos equipos de emerxencia e avivou as lapas.

O ferido foi atendido no lugar e trasladado posteriormente ao centro hospitalario para unha avaliación máis detallada. As autoridades investigan as causas do incendio.