
Un home resultou ferido esta tarde ao sufrir unha caída desde máis de tres metros de altura mentres traballaba nunha obra en construción situada en cálea Matadoiro, na Coruña. 112 Galicia foi avisado do accidente sobre as 12:00 horas a través dunha chamada do Servizo Galego de Emerxencias Sanitarias-061, que mobilizou os seus recursos para atender ao ferido. Inmediatamente, o 112 Galicia informou tamén a Policía Nacional, á Policía Local e ao persoal de Protección Civil.
Segundo os axentes despregados, o traballador atopábase consciente tras a caída, aínda que as lesións eran graves.