
O veciño do Concello de Vimianzo Jesús Maria Pérez cumpriu 100 anos.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Benestar Social, María José Pose, e a concelleira da Terceira Idade, Josefina Campos, achegáronse ata o seu fogar para felicitalo por este aniversario especial e agasallalo cun
detalle de parte da corporación municipal.