
Un conductor natural de A Coruña foi cazado a 181 km/h nun tramo de 90km/h na VG-15 que une Baio e Vimianzo. O home conducía un Volkswagen Golf.
Foi interceptado por unha patrulla de tráfico da Coruña que estaba a realizar tareas de vixiancia na citada vía, unha vez fixeronse coa matricula do vehículo, os axentes procederon a investigar os datos do vehículo e así identificar o conductor.
Os axentes abriron dilixencias por un delito contra a seguridade vial. O código penal contempla unha pena entre 3 e 6 meses de prisión , unha multa e facer traballos para a comunidade.