
Un xoven resultou ferido onte tras sufrir unha salida de vía preto de Camelle. Ia pola DP-1601, que enlaza a localidade coa Ponte do Porto, cando no quilómetro 2 o vehículo que conducía saiuse da vía e impactou contra unha árbore. Dende Emerxencias informarón que o condutor estaba liberado, aínda que precisou de asistencia sanitaria. A alerta activouse ás catro e media e ata o punto acudiron o 061 e a Garda Civil de Tráfico.