
O Concello de Fisterra vén de iniciar o proceso de licitación da obra denominada “Pavimentación de Vial Escaselas”, unha actuación destinada á mellora das infraestruturas viarias municipais.
💶 A financiación da obra realízase mediante unha subvención da Deputación da Coruña, por importe de 50.609,45 euros, con cargo ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal – Plan único de concellos (POS+) 2025.
Datos da actuación
➡️ Prazo de execución: 1 mes
➡️ Orzamento: 50.609,45 € (IVE incluído)
➡️ Data límite para a presentación de ofertas: 21 de abril de 2026
Con esta actuación, o Concello continúa avanzando na mellora da rede viaria municipal, co obxectivo de reforzar a seguridade, a accesibilidade e a calidade dos servizos públicos.