
Os veciños de Santa Comba amosan a súa preocupación polo mal estado da cuberta do Pavillón da Fontenla, unha instalación deportiva que presenta filtracións e deficiencias estruturais que dificultan o seu uso, especialmente coa chegada do inverno.
Diversos veciños e usuarios reclaman ao Concello unha actuación urxente e preguntan cal é a previsión municipal para garantir unhas condicións adecuadas durante a tempada de choivas. “Onde está a aposta polo deporte en Santa Comba?”, pregúntanse moitos cidadáns, lembrando que a instalación é utilizada por nenos, clubs locais e equipos federados.
Tamén hai críticas dirixidas ao alcalde e aos concelleiros de Obras e Deportes, aos que acusan de desatender as necesidades das instalacións públicas mentres se realizan “pequenas obras e favores a privados”.