Veciños denuncian o deterioro en parroquias de Malpica

A situación do Concello de Malpica é cada vez máis preocupante. Hoxe un veciño fixo chegar imaxes do estado en diferentes puntos de Cerqueda, Leiloio e Cambre.

Nas fotografías pódese apreciar:

• Contedores sen ancoraxe nin barreiras de seguridade, sen rodas e totalmente vandalizados, sen ningún tipo de mantemento.
• Postes da luz abandonados e cheos de maleza.
• Espellos de seguridade viaria rotos.
• Estradas con numerosas fochancas e sen conservación.
• Patrimonio público completamente abandonado.

Os veciños merecen servizos básicos en condicións dignas. É urxente unha actuación inmediata e un plan real de mantemento antes de que a situación siga empeorando.