
or sexto ano consecutivo, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro e o Concello de Coristanco, unen o seu esforzo para desenvolver a que será a VI Andaina Solidaria en apoio á loita contra o Cancro.
O Domingo 28 de setembro, ás 9.30h na Praza do Concello, desenvolveremos a actividade cun percorrido de 8.5 km. Para participar será necesaria a previa inscrición antes do xoves 25 de setembro ás 12 horas, polas seguintes canles:
Por Teléfono: 981 733 280
De forma presencial: Biblioteca Municipal
O percorrido terá unha dificultade baixa e será recomendable o uso de roupa e calzado axeitado para camiñar. A Asociación Española Contra o Cancro de Coristanco disporá dun punto para realizar as súas doazóns e con acceso aos petos e compra de material para colaborar coa asociación.
O Concello de Coristanco agradece o apoio e colaboración dos seguintes establecementos que patrocinan a actividade:
Carnicería Maruja
Autoservicio García (Claudio)
Supermercado Mary Carmen
Frutería Delicias da Horta
Autos Facal