VIII Torneo Concello de Malpica

O vindeiro domingo 29 de xuño de 2025 celebrarase o VIII Torneo Concello de Malpica – VII Memorial Ángel Rubio, unha das probas puntuables para o IX Circuíto Deputación da Coruña de Xadrez 2025. A cita terá lugar no Pavillón Municipal de Malpica.

♟O sistema de competición será suízo, previsto a 7 ou 8 roldas en función do número de participantes. O ritmo de xogo será de 10 minutos máis 3 segundos de incremento por xogada.

👉A xornada dará comezo coa presentación ás 15:45 horas, e a primeira rolda iniciarase ás 16:00. A clausura do evento está estimada sobre as 20:30 horas.

♟Os emparellamentos realizaranse mediante software informático, e non se admitirán reclamacións agás erros na introdución de resultados comunicados antes do inicio da seguinte rolda.

O torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido, e todos os xogadores deberán estar federados. A organización poderá xestionar a federación para aqueles que o precisen, reservándose tamén o dereito de admisión.

✍️As inscricións poden formalizarse a través do teléfono 617 23 43 93 ou no correo electrónico torneos@galichess.com. As bases completas están publicadas na web www.galichess.com.

Descarga aquí as bases: https://www.concellomalpica.com/…/Bases-VIII-Torneo…