VINTE ASOCIACIÓNS DE MAZARICOS RECIBEN O PRIMEIRO PAGAMENTO DO CONVENIO CON EURUS RUÑA II

Un total de vinte asociacións do concello de Mazaricos veñen de recibir o primeiro pagamento correspondente ao convenio asinado coa empresa Eurus Desarrollos Eólicos, promotora do parque eólico Ruña II.

Cada unha das entidades beneficiarias percibiu unha achega de 2.500 euros neste primeiro ingreso, que supón o inicio dun acordo de colaboración a longo prazo.

Este convenio permitirá canalizar arredor de 2 millóns de euros durante as próximas tres décadas cara ao tecido asociativo local, beneficiando a asociacións veciñais, culturais, deportivas e comunidades de montes do municipio.

Trátase dun paso máis cara a consolidar unha colaboración duradeira entre o territorio e a actividade enerxética, garantindo un retorno directo que reforza o tecido social de Mazaricos.