Volve un ano máis o programa pioneiro ‘O Mar na Escola’ con 87 estudantes.

Alumnas e alumnos dos colexios da Ponte do Porto e de Camariñas, así como do Instituto da Ponte do Porto, comezaron este mes as saídas ao mar tras finalizar a formación teórica nas aulas.

👉 O obxectivo da actividade é garantir que as xeracións máis novas do concello coñezan o mar que dá nome, identidade e futuro á súa vila.

🤝 Desde o goberno local insisten en que esta iniciativa, que leva activa desde 2004, non sería posible sen a colaboración dos centros escolares.