
Cee acolleu a X Gala do Circuíto Correndo pola Costa da Morte, poñendo o broche final a unha nova tempada dun circuíto xa consolidado.
A nota musical chegou da man de Carmela Bueno e Alba Trillo, alumnas da Escola de Música de Cee, cunha interpretación ao piano chea de emoción.
A gala comezou cunha sentida homenaxe ao atleta ferrolán Jesús Bernal.
Entregáronse as medallas aos atletas que completaron o circuíto e aos tres primeiros e primeiras de cada categoría, cun recoñecemento especial a Marité Castiñeira Touriñán.
En equipos, o Olimpia de Cee impúxose en 3K mixto e masculino e 10K feminino e masculino, mentres que Serres Runners venceu no 3K feminino e 10K mixto.
O Premio Familias, impulsado por La Voz, foi para a familia Ambite, seguida de Atán-Moledo e Lamas-Ramos.
O Premio “Sara Vieites” á superación recaeu en Manuel González e Jesús Pérez.
Momento moi emotivo coa presenza de Daniela Novo Garrido, acompañada da súa familia, que fixo entrega dun agasallo á organización, personificado en Terio Carrera, por dar visibilidade á loita contra o síndrome de Rett.
O ceense Jorge Lariño foi nomeado padriño do circuíto, recollendo o testigo de Sara Vieites.
A alcaldesa de Cee, Margot Lamela, xunto cos alcaldes e alcaldesas participantes, fixo entrega dun cheque de 7.000 € á AECC e procedeu á clausura da gala.





