Xa é Nadal en Vimianzo

Centos de persoas reuníronse, esta noite, baixo a gran carpa instalada na praza do Concello para inaugurar estas datas tan especiais 🫂.

Os máis pequenos e pequenas puideron gozar dunha gran festa infantil co espectáculo 🧸 ‘Tibu e os seus amigos’. Como xa é tradición, tampouco faltou a chocolatada ☕.

Como non podía ser doutro xeito, tamén lle demos a benvida ao #RecunchoGastronómico, onde atoperedes opcións para todos os gustos 🥧🍔🧃.

🙌🏻 Por diante temos unhas semanas de intensa actividade cultural, con múltiples propostas para todos os públicos.

Non perdades a oportunidade de gozar do 🎄 Nadal dende o corazón da Costa da Morte.