Xa está aberta a inscrición para a Escola Municipal de Música de Laxe no curso 25/26

Xa está aberta a inscrición para a Escola Municipal de Música de Laxe no curso 25/26! ✨🎶

Se che gusta a música e queres aprender ou mellorar co teu instrumento, esta é a túa oportunidade 🥁🎸.

Prazo de inscrición: do martes 16 de setembro ata o 30 de setembro

Lugar: Aula de Música

Horario: de 10:00 a 13:00 horas

Animádevos veciños e veciñas! 🎼 A música é cultura, convivencia e moita diversión 🙌💙

Non quedes sen a túa praza, contamos contigo!