Xa están en marcha as obras do edificio interxeracional da Laracha

Xa están en marcha as obras que transformarán Servizos Múltiples nunha nova instalación moderna, multifuncional, inclusiva e atractiva para persoas de todas as idades.

✅ Entre os futuros equipamentos destaca a creación de aulas dixitais nas que ofrecer á cidadanía oportunidades formativas e de ocio, así como espazos dirixidos a acoller actividades xuvenís de diversa índole. Gran parte do investimento terá por fin a eficiencia enerxética do edificio coa renovación da envolvente, calefacción e ventilación, e a instalación dun sistema de captación de enerxía solar fotovoltaica para o autoconsumo eléctrico.

Durante o desenvolvemento das obras, por seguridade:

🚫 Prohibido o aparcamento na zona valada xunto ao edificio (a praza para vehículos de persoas con mobilidade reducida trasladarase ás inmediacións).

❌ Temporalmente inutilizada a fonte e limitado o acceso ao lavadoiro.

💶 O investimento supera os 981.000 euros que financiará o Instituto para la Transición Justa ao abeiro da convocatoria de axudas dirixidas a proxectos e infraestruturas ambientais, sociais e dixitais no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia a financiar cos fondos europeos Next Generation.