Xornadas Carballo na Memoria

A microtoponimia centrou a terceira cita das «Xornadas Carballo na Memoria», organizadas polas concellarías de Planificación Urbana e Mobilidade, por unha banda, e Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística, pola outra.

Hoxe volvemos encher de sabedoría, e tamén de público, as Escolas do Xardín Agra de Caldas. Neste emblemático edificio, cada vez máis cheo de vida, recibimos á escritora Marilar Aleixandre, moi ben acompañada por Sonia Gómez Castro, que falou sobre nomes de lugares da Costa da Morte. E desde ese mesmo punto partiu a ruta pola toponimia urbana carballesa guiada por Fernando Cabeza Quiles, un dos maiores expertos na materia.