
O XVII Dúatlon de Reis converteu hoxe a Vimianzo no epicentro do deporte, sendo a única proba destas características en Galicia neste 2026.
Parabéns a Elsa Pena e Martín Barreiro, vencedores na distancia estándar, e a Alba Porto e Mateo Bouzón, campións na categoría supersprint. Unha mañá de competición nun trazado xa clásico que rematou, como manda a tradición, compartindo chocolate e roscón.
A entrega de premios contou coa presenza da alcaldesa, Mónica Rodríguez, do concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, do delegado provincial da Federación de Tríatlon da Coruña, Gustavo Álvarez Nogueira e varios representantes do Triatlon Costa Da Morte. Parabéns a todos os deportistas!




