𝐋𝐈𝐂𝐈𝐓𝐀𝐂𝐈Ó𝐍 𝐀𝐁𝐄𝐑𝐓𝐀: 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀S NO NÚCLEO DE 𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐃𝐀 – 𝐏𝐀𝐑𝐑𝐎𝐐𝐔𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐋𝐓𝐎.

O Concello de Vimianzo saca a licitación das obras de mellora do núcleo de Reparada, incluído no POS 2025.

🛠️ A actuación contempla traballos de repavimentación, canalización de augas pluviais e obras de saneamento, co obxectivo de mellorar a seguridade, a drenaxe e o estado xeral destas vías municipais no núcleo de Reparada.

💶 Orzamento: 210.839,90 €

⏱️ Prazo de execución: 6 meses

📅 Prazo para presentar ofertas: ata o 26 de febreiro de 2026 ás 23:59 h

Toda a información e os pregos están dispoñibles na Plataforma de Contratación do Sector Público.