Unha forte tromba de auga está a afectar neste momento á zona do Carballiño, provocando unha escasa visibilidade na estrada.
Segundo testemuñas que circulan pola zona, a intensidade da chuvia é tal que apenas se pode ver a estrada, polo que numerosos condutores están a deter os seus vehículos para evitar riscos.
A situación estase a producir na saída do Carballiño, onde a intensa precipitación está a dificultar considerablemente a circulación.
⚠️ Recoméndase extremar a precaución ao volante, reducir a velocidade e aumentar a distancia de seguridade.
