Vimianzo, 28 de febreiro de 2026. O BNG de Vimianzo rexistrou no Concello unha solicitude de información para coñecer con detalle os gastos derivados do desprazamento de cinco concelleiros á última edición de FITUR, celebrada en xaneiro en Madrid. A formación nacionalista cualifica de “innecesaria” a elevada representación institucional e considera que a decisión resulta “especialmente desacertada” no actual contexto económico do Concello, tras pecharse as contas municipais de 2025 cun déficit de 474.000 euros. Neste escenario, sinalan, a prioridade debe ser a contención do gasto e unha xestión responsable e eficiente dos recursos públicos.O BNG tamén discrepa do enfoque do vídeo promocional presentado na feira, que sitúa o municipio como punto de partida para percorrer a comarca. Ao seu xuízo, a estratexia turística debería centrarse na posta en valor do patrimonio propio, como a contorna do Castelo, Os Penedos ou o Parque do Megalitismo, co obxectivo de que o impacto económico repercuta directamente no conxunto das parroquias. Por iso, os nacionalistas sosteñen que antes de destinar recursos a viaxes ou campañas promocionais, o goberno local debería priorizar a mellora e acondicionamento dos espazos e infraestruturas municipais, tanto para reforzar o seu atractivo turístico como para garantir o seu uso e desfrute por parte da veciñanza.
Ano: 2026
Tres feridos, un grave, nun choque frontal en Ponteceso
Tres persoas resultaron feridas, unha delas en estado grave, tras un accidente de tráfico rexistrado este…
Belén do Campo visita o PIE da Laracha no que a Xunta está a investir 220.000€ para facilitar o acceso ao mercado laboral a 100 persoas desempregadas
A Laracha (A Coruña), 27 de febreiro de 2026 A delegada da Xunta da Coruña, Belén…
A Xunta destaca o liderado de Galicia no sector primario a nivel nacional
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias participou hoxe na xornada técnica `A granxa…
A Feira das Oportunidades de Carballo celebra a súa maioría de idade con máis de 1.500 metros cadrados de actividade comercial
Carballo acollerá do 6 ao 8 de marzo unha nova edición da Feira das Oportunidades (FOP2026),…
José Manuel Pérez Abelenda, voceiro do PSOE de Coristanco: “Os orzamentos non responden ás necesidades reais do municipio”
“Consideramos que un concello debe garantir primeiro o bo funcionamento dos servizos básicos antes de asumir novas infraestruturas cuxo mantemento futuro pode xerar dificultades”, afirma Destacou que o alcalde tivo rectificar no pleno, aclarando…
O BNG esixe ao Concello de Santa Comba a retirada inmediata dun vertedoiro xunto a instalacións municipais en Santa Comba
O BNG esixiu ao Concello de Santa Comba a retirada inmediata dun vertedoiro de lixo acumulado…
O Concello de Ponteceso continúa coa súa campaña campaña de limpeza de cunetas de camiños de titularidade municipal
O Concello de Ponteceso continúa coa súa campaña campaña de limpeza de cunetas de camiños de…
Continúan as obras de aglomerado da estrada do Pereiro Vello a Outón e xa están en licitación as das Torres a Cances Grande
O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, visitou, xunto aos concelleiros de Obras, Servizos e Mobilidade, os traballos de…
O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte desde a súa creación
Formoso destaca que a Deputación “inviste máis nos concellos coruñeses que a Xunta nos de toda…
