
A Laracha, 3 de xuño de 2026. O Concello da Laracha informa de que, debido á execución das obras de renovación da cuberta do complexo deportivo da piscina municipal, mañá mércores produciranse modificacións temporais no tráfico na contorna da instalación deportiva.
En concreto, o tramo da rúa Lino Gómez Canedo situado fronte á entrada da piscina municipal permanecerá pechado á circulación entre as 8:00 e as 19:00 horas para garantir a seguridade durante os traballos.
Así mesmo, o tramo anterior da mesma vía permanecerá aberto exclusivamente para o acceso aos garaxes, establecéndose de maneira excepcional un dobre sentido de circulación durante o mesmo horario.
Desde o Concello solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas usuarias da zona, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e seguir en todo momento a sinalización habilitada para minimizar as incidencias no tráfico.
O goberno local agradece a comprensión cidadá ante as molestias ocasionadas por unhas actuacións que permitirán mellorar as instalacións deportivas municipais e reforzar a súa seguridade e funcionalidade.