Obras de urxencia na Rúa Simón Tomé Santos por unha fuga na rede de saneamento

O Concello de Corcubión está a acometer, en coordinación co Servizo de Augas, unhas obras de urxencia na Rúa Simón Tomé Santos tras detectarse un afundimento do firme provocado por unha fuga nas tubaxes do sistema de saneamento.

Os traballos teñen como obxectivo reparar a incidencia e garantir a seguridade da vía, así como o correcto funcionamento da rede de saneamento municipal.

Debido á execución destas obras, a saída desde a Rúa J.B. Carrera Fábregas neste punto permanecerá pechada ao tráfico ata a finalización dos traballos, prevista nun prazo aproximado de entre dous e tres días.

O Concello agradece a comprensión e colaboración da veciñanza polas molestias que esta actuación poida ocasionar.