Ferreiro Team chega a Carballo coa vista posta no podio

Ferreiro Team afronta con ambición o 22º Autocross de Carballo

O equipo continúa traballando intensamente para manterse na loita polos postos de cabeza, co obxectivo de seguir sumando bos resultados e consolidar o alto nivel competitivo amosado nas últimas probas.

Durante as últimas semanas, a escuadra centrou os seus esforzos en afinar cada detalle dos vehículos para chegar nas mellores condicións posibles e responder ás esixencias dunha categoría cada vez máis competitiva.

Desde Ferreiro Team destacan a importancia do traballo realizado por todos os integrantes do equipo, cuxa dedicación e esforzo permiten seguir evolucionando carreira tras carreira e afrontar cada desafío coas máximas garantías.

Así mesmo, o equipo quixo agradecer o respaldo de todos os seus patrocinadores e colaboradores, cuxo apoio resulta fundamental para continuar desenvolvendo este proxecto deportivo.

«Seguimos traballando coa idea de loitar polos postos de cabeza e afinando os coches ao máximo para estar ao nivel que esixe a competición. Queremos agradecer a todos os nosos patrocinadores a súa confianza e apoio, xa que sen eles sería imposible sacar adiante este proxecto».

Con ilusión, traballo e determinación, Ferreiro Team afronta este novo compromiso coa mirada posta en conseguir un resultado que recompense o esforzo realizado e permita seguir medrando ao longo da tempada.

O próximo reto será o 22º Autocross de Carballo. Tras a polémica sanción sufrida en Rianxo, David Ferreiro regresa con máis motivación ca nunca e disposto a demostrar o seu potencial na pista. O piloto afronta esta cita co obxectivo de volver loitar polas posicións de privilexio e seguir sumando puntos importantes para o campionato.