
O vindeiro 29 de xuño celebrarase en Leiloio a tradicional Festa na honra da Nosa Señora da Fonte.
O programa comezará pola mañá coa celebración das misas ás 10:00, 11:00 e 12:00 horas.
Ás 13:30 horas terá lugar a sesión vermú coa actuación da cantante Lupe.
Ás 14:30 celebrarase unha comida campestre con menú completo: polbo, churrasco, bebida e sobremesa, a un prezo de 40€ por persoa.
A xornada continuará pola tarde, a partir das 16:00 horas, cunha gran verbena amenizada por Lupe e o DJ A3060.