
O Concello de Fisterra informa de que no día de hoxe deron comezo os traballos de arranxo e acondicionamento de varias pistas forestais do municipio, unha actuación que está a ser executada pola Consellería de Medio Rural.
As actuacións céntranse, nesta primeira fase, en tres pistas situadas no Monte do Cabo, onde xa se pode ver traballando a maquinaria, así como en dúas pistas no monte Seoane.
Dende o Concello destacan a importancia destes traballos para mellorar o estado da rede de pistas forestais, facilitando o acceso aos montes e contribuíndo á súa conservación, prevención de incendios e ao desenvolvemento das tarefas forestais.
O Goberno local considera imprescindible continuar impulsando este tipo de actuacións e seguirá colaborando coas distintas administracións para avanzar na recuperación e mellora das pistas forestais do municipio, unha infraestrutura fundamental tanto para a xestión do monte como para a seguridade e o servizo á veciñanza.



