Lumelar pecha a tempada oficial en Galicia con tres medallas no Trofeo Federación de Aire Libre

O Campo Municipal do Pinguel, no Concello de Ponteceso (A Coruña), acolleu hoxe o Trofeo Federación de Aire Libre, correspondente á 5ª Liga Galega de Aire Libre da tempada 2025/26. A xornada estivo marcada polas elevadas temperaturas, que obrigaron a suspender o III Trofeo Costa da Morte, previsto para a tarde, debido ás alertas vermellas por calor.

A pesar das duras condicións meteorolóxicas, cinco arqueiros e arqueiras do Club Lumelar desprazáronse ata Ponteceso para competir e demostrar o seu compromiso co deporte. Participaron Fátima Solaz, en arco recurvo sub-21 feminino; Carlos Doval, en arco composto +50 masculino; e Marcos Rodríguez, David Pozo e Claus Seara, en arco recurvo absoluto masculino.

O esforzo tivo unha excelente recompensa, xa que o club regresou cun balance de tres medallas e un cuarto posto, un resultado moi destacado tendo en conta o número de participantes e as extremas condicións da competición.

Os resultados foron os seguintes:

  • 🥇 Marcos Rodríguez, campión en arco recurvo absoluto masculino.
  • 🥈 Carlos Doval, subcampión en arco composto +50 masculino.
  • 🥉 Fátima Solaz, terceira clasificada en arco recurvo sub-21 feminino.
  • David Pozo, cuarto clasificado en arco recurvo absoluto masculino.
  • Claus Seara, duodécimo clasificado en arco recurvo absoluto masculino.

Con esta competición remata a tempada oficial en Galicia. Agora, os deportistas do club que participarán nos Campionatos de España afrontan un intenso mes de preparación para chegar nas mellores condicións á cita estatal.

Dende o Club Lumelar queremos felicitar a todos os participantes polo seu esforzo e compromiso, especialmente nunha xornada marcada polo intenso calor, e desexarlles moita sorte aos arqueiros e arqueiras que representarán o club nos vindeiros Campionatos de España.

Parabéns a todos e a seguir adestrando!