Accidente con feridos na DP-4307, entre as parroquias de Barizo e Mens, en Malpica de Bergantiños

Un accidente de tráfico con persoas feridas rexistrouse na tarde deste luns, arredor das 17:00 horas, na estrada DP-4307, no límite entre as parroquias de Barizo e Mens, no concello de Malpica de Bergantiños.

O sinistro produciuse moi preto da aldea de Porto de Fondo. Como consecuencia do impacto, varias persoas resultaron feridas, sendo necesaria a intervención dos servizos de emerxencia, que se desprazaron ata o lugar para atender aos afectados e garantir a seguridade na zona.

O accidente provocou tamén dificultades na circulación mentres se desenvolvían as tarefas de asistencia e retirada dos vehículos implicados.

Polo momento non transcenderon as causas do sinistro nin o estado das persoas feridas, á espera de que as autoridades faciliten máis información oficial sobre o ocorrido.