
O Quinteiro de Buño informa do cambio de localización do concerto de A Máquina de Meter Medo, programado para este mércores 12 de agosto, coincidindo coa eclipse. Finalmente, a actuación terá lugar no Campo da Culpa, na Rúa da Boa Vista de Buño.
O concerto desenvolverase aproximadamente entre as 19:30 e as 20:30 horas, nun espazo con aforo delimitado pola organización. A entrada será libre ata completar aforo.
Información e recomendacións
📍 Lugar: Campo da Culpa, Rúa da Boa Vista, Buño.
🚗 Aparcamento: recoméndase evitar aparcar nas rúas do barrio da Costa e no propio Campo da Culpa, agás no caso das persoas residentes.
🍻 Servizo de bar: haberá servizo de bar durante o evento.
🌑 Sobre a eclipse: o concerto non é un acto de interpretación astronómica nin unha actividade específica sobre a eclipse.
😎 Gafas para a eclipse: a organización informa de que non se entregarán gafas para o visionado da eclipse. Recoméndase seguir os consellos oficiais relativos á adquisición e utilización de protección ocular adecuada.
O cambio de localización responde á organización do evento e ás necesidades de seguridade e aforo.
Para consultar a información actualizada sobre o evento, pódese visitar Eclipse coa “Máquina de Meter Medo”.