Trail Nocturno Cova do Lobo 2026: deporte e aventura baixo as estrelas en Zas

O Concello de Zas acollerá o vindeiro 29 de agosto unha nova edición do Trail Nocturno Cova do Lobo, unha proba deportiva nocturna organizada polo Concello de Zas e a A.D. Monte Brondo.

A cita contará con diferentes modalidades pensadas para participantes de distintas idades e niveis. A programación comezará co Pequetrail, con dúas quendas: ás 20:15 horas, para nenos e nenas de 5 a 10 anos, e ás 20:30 horas, para participantes de 11 a 15 anos. Esta modalidade será gratuíta.

A partir das 21:00 horas dará comezo a Andaina, cun percorrido de 11 quilómetros e 400 metros de desnivel positivo, cun prezo de inscrición de 13 euros.

Media hora máis tarde, ás 21:30 horas, será a quenda do Trail, a modalidade máis esixente da xornada, cun percorrido de 16 quilómetros e 700 metros de desnivel positivo. O prezo da inscrición será de 16 euros.

A organización anima a veciñanza e ás persoas afeccionadas ao deporte de montaña a participar nesta proposta, que permitirá gozar dos camiños e da contorna de Zas nun horario nocturno e nun ambiente especial.

As inscricións e toda a información sobre a proba poden consultarse en www.empat.com.

Data: 29 de agosto de 2026
Lugar: Concello de Zas
Organizan: Concello de Zas e A.D. Monte Brondo