Aviso en Neaño: fotografan os contadores eléctricos das vivendas

Cabana de Bergantiños | Neaño

Veciños da zona de Neaño, entre Ponteceso de Cabana e Canduas, alertaron da presenza de varias persoas novas que estarían a sacar fotografías cos seus teléfonos móbiles aos contadores eléctricos de vivendas próximas á estrada xeral.

Ante esta situación, recoméndase aos veciños actuar con precaución e non facilitar datos persoais nin realizar ningún pagamento a persoas que se presenten no nome dunha compañía eléctrica sen acreditar debidamente a súa identidade e a finalidade da súa visita.

Cómpre lembrar que os actuais contadores dixitais permiten a telexestión e a lectura remota, polo que as compañías eléctricas poden coñecer o consumo real das vivendas sen necesidade de realizar lecturas manuais de maneira habitual.

Ademais, as facturas da electricidade envíanse polos medios habituais e os pagamentos realízanse a través das entidades bancarias correspondentes.

⚠️ Aviso aos veciños: se alguén solicita diñeiro en efectivo ou datos persoais alegando estar a realizar unha lectura do contador, recoméndase comprobar primeiro a súa identidade e, ante calquera sospeita, contactar coa compañía eléctrica ou coas autoridades.

A recomendación é clara: non entregar diñeiro a persoas descoñecidas e comunicar calquera comportamento sospeitoso.

Fonte:Noticias en Galicia Grupo