
Serantes prepárase para vivir tres xornadas de festa, música e convivencia con motivo das súas Festas Patronais 2026, que se celebrarán os días 4, 5 e 6 de setembro, cunha programación pensada para todas as idades.
As celebracións comezarán o venres 4, a partir das 21:00 horas, cunha gran churrascada. A noite continuará, ás 23:30 horas, coa actuación de José Manuel Abanico e Trío Mar de Caión.
O sábado 5 a programación dará comezo ás 13:15 horas coa misa, seguida dun pasarrúas a cargo da Charanga O Rumbo e dunha sesión vermú coa Orquestra Sinfonía. Pola tarde, entre as 14:00 e as 15:30 horas, os máis pequenos poderán desfrutar de inchables gratuítos. Xa pola noite, ás 23:30 horas, terá lugar a gran verbena coa Orquestra Sinfonía e Disco Móbil Son de Festa.
O domingo 6, a xornada comezará tamén ás 13:15 horas coa misa. Entre as 14:00 e as 15:30 horas haberá novamente inchables gratuítos para os nenos e nenas, mentres que a música estará presente durante o pasarrúas coa Charanga O Rumbo e a sesión vermú co Dúo Luis Rey e Laura Suárez.
Durante as festas haberá aparcadoiro gratuíto e unha gran carpa con cantina, facilitando así a asistencia e o desfrute das diferentes actividades.
Desde o Concello de Laxe animan á veciñanza e a todas as persoas que visiten a localidade a achegarse a Serantes e participar nestas xornadas festivas, que combinarán tradición, música, gastronomía e actividades para toda a familia.