Accidente con feridos na N-640 en Lugo: unha persoa resulta ferida grave

Imaxe: Lobo Tráfico Ferrolterra

Lugo | 4 de setembro de 2026

Unha persoa resultou ferida grave este venres nun accidente de tráfico rexistrado na estrada N-640, no punto quilométrico 86, no municipio de Lugo.

O sinistro produciuse no sentido A Palloza e estivo implicado un todoterreo e un camión que transportaba bombonas de mercadorías perigosas. Segundo as primeiras informacións, a persoa que viaxaba no todoterreo resultou ferida de gravidade, mentres que o condutor do camión saíu ileso.

O primeiro aviso do accidente produciuse ás 08:11 horas. Como consecuencia do sinistro, continúa cortado un dos carrís en sentido Lugo, polo que se recomenda circular con máxima precaución pola zona.

Os servizos de emerxencia e os equipos encargados da regulación do tráfico traballan no lugar para atender o accidente e restablecer a circulación con normalidade.

⚠️ Precaución na N-640 ao seu paso por Lugo.