
Martín Suárez Pais foi elixido novo candidato do Partido Popular de Santa Comba con quórum absoluto, nun acto celebrado na sede local da formación, que reuniu arredor de medio cento de persoas.
A súa elección supón o relevo de María Pose, exalcaldesa e anterior candidata do PP á Alcaldía de Santa Comba, que decidiu dar un paso ao lado por motivos profesionais.
No acto estiveron presentes, en representación do PP provincial, Diego Calvo, Gonzalo Trenor e Evaristo Ben. Tamén participaron os actuais concelleiros do Partido Popular de Santa Comba, así como representantes doutras agrupacións municipais.
Entre os asistentes atopábanse dous concelleiros do PP de Negreira, o exalcalde de Laxe Luis e o actual alcalde Paco Charlín Oróns, ademais do candidato do PP de Val do Dubra e un concelleiro, e o candidato popular de Mazaricos.
Tamén participou no encontro Javier “Silvariño”, expresidente de Novas Xeracións do PP de Santa Comba.
O acto serviu para escenificar o apoio ao novo candidato e dar inicio a unha nova etapa do Partido Popular de Santa Comba.






